PAPEL vs CO2


Laura Abelairas López nº1
Arantxa Corredoira Villamor nº6
Xela Lodeiro Corredoira nº18
Ana Rodríguez Álvarez nº27
1ºBAC C



O obxectivo principal do noso proxecto é unha aproximación á pegada ecolóxica do noso centro, é dicir, ao impacto que unha parte da poboación exerce sobre a natureza, neste caso a comunidade educativa, que inclúe profesores, alumnos e persoal non docente.
O noso proxecto vaise centrar nunha das moitas variables a ter en conta nesta investigación: o consumo de papel, e tamén nunha parte da poboación: o alumnado.
A partir da información recollida por medio de enquisas e organizada en táboas e gráficas obtemos a cantidade de CO2 emitida por ese consumo e as hectáreas de bosque galego por persoa necesarias para manter ese modelo.
Para a realización deste proxecto baseámonos na metodoloxía de Rees e Wackernagel e nos estudos da USC1.



1.-INTRODUCIÓN

O primeiro dos motivos que nos levou a realizar a nosa investigación foi coñecer a pegada ecolóxica do centro e as súas emisións de CO2 á atmosfera.

Isto serve tamén para concienciar á poboación sobre o impacto que a actividade humana ten sobre a natureza con iniciativas coma o consumo de combustibles fósiles, de electricidade e de papel, coma o tema que tratamos na nosa investigación.
Consideramos preciso a elaboración desta investigación porque é un tema de actualidade, preocupa a todos e, o máis importante, é unha maneira de concienciarnos.
Na nosa opinión este é o xeito adecuado para ter constancia da realidade da situación.
Para realizar este traballo empregamos como fonte de inspiración á pioneira da ecoloxía Raquel Carson. A súa obra “Silent Spring” denunciaba os danos indiscriminados dos pesticidas ao medio ambiente, sendo esta ocasión a primeira na que se trata abertamente o tema do desenvolvemento sostible. Tamén podemos destacar a Al Gore, protagonista do documental (gañador dun Óscar) : “Una verdad incómoda”. Neste, fálase do cambio climático e fai responsables ás persoas, gobernos e industrias.


2.- METODOLOXÍA DE TRABALLO



Dentro do total da investigación para aproximarse á pegada ecolóxica do centro analizamos, como xa antes indicamos, unha das posibles variables a ter en conta: o consumo de papel e a súa reciclaxe.
Consideramos que supón unha parte importante do proxecto xa que, na situación na que se está a estudar (un instituto) é por hoxe un medio indispensable que se utiliza a diario. Por exemplo: exames, material de traballo para o alumnado e/ou profesorado (como fotocopias), libros de texto... Son tamén moitos os produtos cotidianos elaborados con este material ou derivados: xornais, pañuelos, papel hixiénico...
Tamén ten importancia en canto á poboación analizada, o alumnado, porque constitúe a base do seu curso educativo.
Según datos extraídos de estudos (http://www.terra.org/articulos/art01752.html), esta variable é un factor que inflúe directamente no cambio climático, xa que o consumo de produtos procedentes dos bosques, coma o papel, reduce a superficie forestal ademáis de emitir CO2 na súa produción:
El impacto de la producción de papel sobre los bosques es enorme, ya que aproximadamente el 40 % de los 1500 millones de m3 de madera que se extraen anualmente con motivos comerciales en el mundo se utiliza en la producción de papel. Cada habitante del estado español utiliza 175 kg de papel cada año, y en cambio sólo recicla la mitad. Por otra parte, en la era de las nuevas tecnologías, el uso de papel aumenta a pesar del auge de la información digital, y no hay perspectivas de que esta tendencia se vaya a invertir, sino todo lo contrario: se estima que el consumo de papel pueda aumentar un 50 % hasta el año 2010”


Coñecendo a importancia desta variable e as consecuencias do seu consumo poderíamos formular as seguintes hipóteses:

  • Vaise seguir utilizando coma produto base, xa que é moi difícil de sustituír e en ocasións o facelo provocaría unha maior contaminación (por exemplo, sustituílo por plástico)
  • A maioría da poboación non utiliza papel reciclado, porque é de menor calidade e máis caro a pesar de que dana en menor medida ó medio

Para obter os datos necesarios da investigación realizamos enquisas á comunidade educativa (neste caso trataremos do alumnado), e posteriormente recollimos os datos en táboas, parecendo esta a mellor proposta. Este procedemento de recollida de datos explícase no seguinte apartado: Resultados e Discusión


3.- RESULTADOS E DISCUSIÓN

Para realizar este traballo, enquisamos a 235 alumnos do noso instituto, o “IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes” de Lugo.
O alumnado pertence a tódolos cursos comprendidos entre 1º ESO e 2º de Bacharelato.
Realizamos as enquisas grazas á colaboración do alumnado, e tamén do profesorado, xa que, na maioría dos casos, non puxeron ningún impedimento na interrupción das súas clases en horario lectivo.
Nas enquisas constaban tres apartados a cumprimentar:
1-Hábitos de consumo de papel por semana.
2-Hábitos de consumo de papel por mes.
3-Hábitos de consumo de papel reciclado.
Os dous primeiros puntos constaban de intervalos (30 ou menos, de 30 a 60, de 60 a 90, de 90 a 120, de 120 a 150, 150 ou máis) de 30 en 30 unidades. O derradeiro punto tamén estaba dividido en intervalos de porcentaxes ( de 0 a 25%, de 25 a 50%, de 50 a 75%, e de 75 a 100%).
Para a recollida de datos encóntrase adxunto ao traballo a “Táboa de recollida de datos” ( ANEXO I), na cal figuran os resultados das enquisas, os totais.

Para a elaboración deste proxecto realizamos un total de 235 enquisas aos alumnos do I.E.S. A Nosa Señora dos Ollos Grandes; estes alumnos foron escollidos ao azar e entre todas as idades, cursos e vías de estudo que se imparten neste centro, para iso contamos coa súa total colaboración sen ningún tipo de impedimento, aínda que nalgúns casos dubidaban en que opción cubrir xa que nunca se plantexaran canto papel consumían, e tamén coa dos seus profesores.

A partir das enquisas realizadas elaboramos unhas táboas de datos (ANEXO II) coas que elaboramos as seguintes gráficas:




papel_one.JPGGRÁFICA 1: Porcentaxes de consumo por semana
Intervalo de 0 a 30: 55%, de cor rosa.
Intervalo de 30 a 60: 31%, de cor verde.
Intervalo de 60 a 90: 7%, de cor azul.
Intervalo de 90 a 120: 2%, de cor amarelo.
Intervalo de 120 a 150: 3%, de cor branco.
Intervalo de 150 a máis: 2%, de cor laranxa.
Na gráfica 1 trátase o consumo de papel á semana por parte do alumnado do instituto; podemos observar que o consumo de papel á semana é reducido xa que máis da metade dos alumnos enquisados consumen menos de 30 folios por semana e moi poucos superan os 100 folios semanais; aínda que estes datos poderían variar segundo a época do curso escolar na que se fai a enquisa, xa que en época de exames o consumo de papel aumenta considerablemente.






Dibujo2.JPGGRÁFICA 2: Porcentaxes de consumo por mes
Intervalo de 0 a 30: 16%, de cor rosa.
Intervalo de 30 a 60: 28%, de cor verde.
Intervalo de 60 a 90: 29%, de cor azul.
Intervalo de 90 a 120: 14%, de cor amarelo.
Inetervalo de 120 a 150: 6%, de cor branco.
Intervalo de 150 a máis: 7%, de cor laranxa.
Na gráfica 2 trátase o consumo de papel ao mes por parte dos alumnos do noso centro, nela obsérvase que a maioría dos alumnos enquisados consumen entre 30 e 90 folios ao mes, aínda que tamén ai unha parte importante que consume menos de 30 e entre 90 e 120. Así mesmo obsérvase que moi poucos alumnos superan o consumo de 100 folios ao mes.








Dibujo3.JPGGRÁFICA 3: Hábitos semana e mes
Intervalo de 0 a 30: 37 mes e 30 semana.
Intervalo de 30 a 60: 65 mes e 73 semana.
Intervalo de 60 a 90: 70 mes e 18 semana.
Intervalo de 90 a 120: 35 mes e 4 semana.
Intervalo de 120 a 150: 13 mes e 8 semana.
Intervalo de 150 a máis: 18 mes e 5 semana.
Na gráfica 3 establécese a relación entre o consumo de papel por parte do alumnado do noso centro durante unha semana e un mes. Así obsérvase que o número de alumnos que consumen menos de 30 folios diminúe considerablemente cando se trata de un mes, porén o número de alumnos que consumen entre 30 e 60 folios permanece case invariable. Nos intervalos intermedios (entre 60 e 120 folios) o número de alumnos aumenta cando se trata de un mes, non obstante os alumnos que superan o consumo de 100 folios é baixo en ambos casos.






Dibujo4.JPGGRÁFICA 4: Hábitos reciclaxe
Intervalo de 0 a 25%: 43%, de cor amarelo.
Intervalo de 25% a 50%: 37%, de cor azul.
Intervalo de 50% a 75%: 13%, de cor verde.
Intervalo de 75% a 100%: 7%, de cor vermello.
Na gráfica 4 trátase o consumo de papel reciclado por parte do alumnado, nela obsérvase que a maioría dos alumnos do noso centro consumen moi pouco papel reciclado xa que un 43% consume menos do 25% e un 37 entre o 25 e o 50%, restando un só un 20% que emprega máis papel reciclado que de fibra virxe. Como aportación positiva podemos engadir que un considerable número de enquisados mencionaron que reempregaban os folios que empregaban sempre e cando fose posible e xustificaban que non utilizan máis papel reciclado xa que en moitos casos como nas fotocopias ou en papeis oficiais non hai posibilidade de empregalo.



Cálculo dos kg de CO2



  1. Calculamos cos datos das tablas a media de folios consumida polos alumnos nunha semana: 8625 folios por semana (37 folios por alumno)
  2. Multiplicamos polo número de semanas lectivas: 8625 x 36= 310500 Folios consumidos polo alumnado por ano (1321 folios por alumno)
  3. Calculamos, dentro dos folios que se consumen por ano, cantos son de fibra virxe e cantos son reciclados. Para iso, calculamos, a partir das táboas, a porcentaxe de papel reciclado, que é dun 19'7%. Logo: 310500x19'7/100= 61168 folios reciclados consumidos polo alumnado nun ano.
  4. Logo (folios totais - folios reciclados = folios de fibra virxe) 310500-61168=249331 folios de fibra virxe consumidos polo alumnado nun ano.
  5. Aplicamos a fórmula: Peso en kg. = 80 x N / 16'03 x 1000 (Sendo N= nº de folios consumidos de tamaño Din A4)
  6. Primeiro a aplicamos no papel reciclado: Peso en kg do papel reciclado= 80 x 61168 / 16'03 x 1000 = 305'3 Kg de papel reciclado consumido polo alumnado nun ano
  7. Faise o mesmo procedemento para o papel de fibra virxe: Peso en kg do papel de fibra virxe= 80 x 249331 / 16'03 x 1000 = 1244'3 Kg de papel de fibra virxe consumido polo alumnado nun ano
  8. Calculamos finalmente os Kg de CO2 emitidos por Kg de papel. Para iso debemos ter en conta que para o papel reciclado: 0'61 Kg.CO2/Kg. papel. Logo facemos os cáculos: 305'3 Kg x 0'61 Kg CO2/Kg. papel = 186'2 Kg de CO2 emitidos polo consumo do papel reciclado
  9. Para o papel de fibra virxe: 1'84 Kg. CO2/ Kg. papel. Logo: 1244'3 x 1'84 Kg. Co2/ kg.papel= 2289'5 Kg de CO2 emitidos polo consumo de papel de fibra virxe
  10. Finalmente sumamos as cantidades obtendo:

186'2+ 2289'5 = 2475'7 Kg de Co2 emitidos polo alumnado debido ao consumo de papel dun ano

Para rematar a investigación, tendo en conta estes datos a cantidade de CO2 emitida por un alumno do centro nun ano é 10'5 kg. Con estes datos é fácil comprobar que o papel de fibra virxe é máis contaminante que o reciclado, xa que emite máis CO2.

4.-CONCLUSIÓNS
Analizando os resultados obtidos, podemos extraer como conclusión que:
1.- A pesar de que a enquisa se realizou nunha comunidade educativa, consúmese menos papel do que nós pensabamos na nosa hipótese inicial.
2.- En moitos dos casos coa chegada das novas tecnoloxías cada vez emprégase menos o papel.
3.- Estabamos no certo cando pensabamos que se empregaba pouco papel reciclado por diversas causas: menor calidade, falta de costume, uso pouco estendido, etc.
4.-En canto ás dificultades atopadas
  • Á hora de facer un traballo de investigación é moi importante a colaboración do alumnado e do profesorado
  • No caso do profesorado algúns non querían participar cas súas respostas; houbo outros casos non que non permitían que entraramos nas aulas nas horas de clase a enquisar aos alumnos porque dicían que perdían clase ou que andaban xustos de tempo... poñéndonos excusas para que os alumnos non as cubrisen
  • En canto ao alumnado, a maioría respondían ás enquisas para perder clase; outro caso que se daba en canto ao alumnado era que non lle daban a seriedade que correspondía ao proxecto e cubrían as enquisas ao chou sen ler o que poñía ou pararse pensar na resposta axeitada
  • Aconteceu tamén que algúns alumnos se negaron a facer as enquisas e incluso se mofaban ao dicirlles do que trataba
  • Nas enquisas preguntábase o porcentaxe de papel reciclado. En relación coa hipótese de partida, que utiliza o alumnado e como ben dicía anteriormente había alumnos que non saben nin o seu significado.
    Tamén os hai que si o utilizan aínda que outros deciden non utilizalo por que ten unha cor diferente, un prezo maior...
    Hai persoas que utilizan un elevado número de papel á semana aínda que, como nos comentaban algúns, preferirían outro instrumento como ferramenta de traballo, outros non se fían das novas tecnoloxías como ferramenta base do traballo.
    Con este traballo tamén se quere concienciar á xente de que temos que coidar este mundo no que vivimos e poñerse á pensar na cantidade de papel que consumimos e o pouco que utilizamos papel reciclado.
  • En todo caso agradecemos a colaboración dos enquisados e o feito de cedernos tempo das súas clases para axudarnos co traballo, e os que decidiron non respostar ás preguntas espero que si decidan axudarnos a facer un mundo mellor e sen contaminación.
    Esperamos que as dificultades atopadas non impidan unha boa resolución do traballo.
    Gracias de novo pola colaboración do alumnado e profesorado e ás veces ¡paciencia!, xa que en varias ocasións atopabámonos co mesmo profesor en distintas horas e aulas e non poñía impedimento
5- Como rsultado final é fácil compreobar que o papel reciclado contamina moito menos ca o papel de fibra virxe, xa que emite menos cantidade de Co2 por Kg de papel.



PROPOSTAS DE MELLORA

Como solucións para realizar un consumo de papel máis responsable ou, polo menos, melloralo propoñemos:


-empregara as novas tecnoloxias na aula para evitar o gasto de papel en fotocopias para o alumnado.
-facer traballos en soporte dixital.
-tomar apuntes por ordenador no canto de tomar apuntes a man.
-promover o uso dos libros electrónicos.
- empregar papel reciclado na fotocopiadora do centro.





Consumo de papel entre o profesorado e o persoal non docente.

Carmen Valín Buide ,Nerea Roca Prieto, Marta Díaz Vázquez.
1ºBAC C



Palabras chave: Consumo, papel, instituto.
O obxectivo deste traballo é coñecer a pegada que supón o noso centro no medio ambiente. Para iso fixemos unhas enquisas aos profesores e o persoal non docente cunha serie de cuestións que nos axudaron a atopar a resposta á pregunta do consumo e reciclaxe do papel.

Introdución.
Os motivos da investigación son os seguintes:
v Coñecer o consumo de papel durante unha semana e un mes.
v Estudar o tanto por cento do papel consumido en traballos de clase.
v Coñecer o porcentaxe do papel reciclado consumido.
v Averiguar as toneladas de CO2 emitidas polo instituto nun ano.
Esta investigación está xustificada polo interese de coñecer o impacto medioambiental que nós mesmos provocamos, e a superficie necesaria para absorver esas emisións de CO2 xeradas da actividade do insituto.


Metodoloxía.
É moi importante coñecer a cantidade de papel que consumimos e se é reciclado ou non, xa que isto afecta directamente aos nosos bosques.
Antes de realizar as enquisas, as nosas expectativas sobre este tema non eran moi prometedoras. Xa intuíamos que a porcentaxe de papel reciclado ía ser baixa. E que os folios de papel empregados nun mes ían ter niveles moi altos. A nosa hipótese é que o profesorado consume bastante papel, pero non tanto como o alumnado. E que ademáis non se emprega unha proporción elevada de follas recicladas. O persoal non docente non gasta apenas papel.
O procedemento de recollida de datos foi levado a cabo un grupo de 9 persoas entre as que nos repartimos os grupos a realizar as enquisas. Os grupos son: alumnado, profesorado e persoal non docente.


Resultados e discusión.
Coas gráficas imos amosar os resultados obtidos.
Na seguinte táboa presentamos os datos da cantidade de folios consumidos nunha semana polo profesorado.



30 ou menos
De 30 a 60
De 60 a 90
De 90 a 120
De 120 a 150
Máis de 150
37
11
3
0
0
0
Anexo: Número 1Papelprofper1.JPG

Na gráfica da esquerda indícase o consumo de papel de maneira semanal no grupo do profesorado.













Na seguinte táboa presentamos os datos da cantidade de folios consumidos nun mes polo profesorado.

30 ou menos
Entre 30 e 60
Entre 60 e 90
Entre 90 e 120
Entre 120 e 150
Máis de 150
13
11
12
5
5
5
Anexo: Número 2

Papelprofper2.JPG

Na gráfica da esquerda presentamos os datos da cantidade de papel consumida polo profesorado nun mes.

















Na seguinte táboa presentamos as porcentaxes de papel reciclado polo profesorado.


De 0% a 25%
De 25% a 50%
De 50% a 75%
De 75% a 100%
35
9
5
2
Anexo: Número 3
Papelprofper3.JPG
A gráfica da esquerda presenta a porcentaxe do papel reciclado no profesorado. Que mostra que a maioría do profesorado emprega máis porcentaxe de papel reciclado que de fibra virxe.















Na seguinte táboa presentamos os datos da cantidade de folios consumidos nunha semana polo persoal non docente.

Menos de 30
De 30 a 60
De 60 a 90
De 90 a 120
De 120 a 150
Máis de 150
9
2
1
0
0
0
Anexo: Número 4
Papelprofper4.JPG

Na gráfica da esquerda preséntanse os datos de papel consumido polo persoal non docente nunha semana.
















Na seguinte táboa presentamos os datos da cantidade de folios consumidos nun mes polo persoal non docente.

Menos de 30
De 30 a 60
De 60 a 90
De 90 a 120
De 120 a 150
Máis de 150
6
1
0
3
2
0
Anexo: Número 5
Papelprofper5.JPG

Na gráfica da esquerda preséntanse os datos do papel consumido nun mes polo persoal non docente do instituto.


















Na seguinte táboa presentamos as porcentaxes de papel reciclado polo persoal non docente.

De 0% a 25%
De 25% a 50%
De 50% a 75%
De 75% a 100%
8
2
0
2
Anexo: Número 6
Papelprofper6.JPG

A gráfica da esquerda presenta a porcentaxe de papel reciclado no grupo do persoal non docente.

A maioría do persoal non docente emprega una baixa porcentaxe de papel reciclado, aínda que hai excepcións.















Extración de resultados.

  • O profesorado
  1. Achar a media de folios por profesor nunha semana (25 folios)
  2. Multiplicalo polas semanas lectivas do curso (900 folios ó ano por profesor)
  3. Achar a cantidade de folios de papel reciclado por profesor (168,3 folios reciclados ó ano por profesor)
  4. Achar a cantidade de folios de papel de fibra virxe (731,7 folios de fibra virxe ó ano por profesor)
  5. Calcular os Kg. de Co2 emitidos por cada profesor empregando papel reciclado (0,5 Kg. de Co2 ó ano por profesor)
  6. Calcular os Kg. de Co2 emitidos por cada profesor empregando papel de fibra virxe (6,72 Kg. de Co2 ó ano por profesor)

O profesorado emite en total 7,22 Kg de Co2 cada un ó ano, o que supón que os profesores enquisados emiten 368,22 Kg de Co2 ó ano.
  • O persoal non docente.

  1. Achar a media de folios por persoa nunha semana (27,3 folios)
  2. Multiplicalo polas semanas lectivas do curso (981,8 folios ó ano por persoa)
  3. Achar a cantidade de folios de papel reciclado por persoa (49,1 folios reciclados ó ano por persoa)
  4. Achar a cantidade de folios de papel de fibra virxe (250,9 folios de fibra virxe ó ano por persoa)
  5. Calcular os Kg. de Co2 emitidos por cada persoa empregando papel reciclado (0,2 Kg. de Co2 ó ano por profesor)
  6. Calcular os Kg. de Co2 emitidos por cada persoa empregando papel de fibra virxe (2,3 Kg. de Co2 ó ano por profesor)


O persoal non docente emite en total 2,5 Kg de Co2 cada un ó ano, o que supón que o persoal non docente enquisado emite 25,3 Kg de Co2 ó ano.

Conclusións.


Despois de estudar estas gráficas as nosas conclusións son:
v Consúmese pouco papel nunha semana
v Nun mes, a cantidade de papel consumido aumenta considerablemente
v A porcentaxe de papel reciclado é moi baixa, poucas persoas se decantan por usalo.
v A maioría do persoal non docente non emprega papel reciclado, aínda que hai unha pequena porcentaxe que si o fai.
Polas anteriores gráficas confirmamos a nosa hipótese, que era que o papel consumido era un número moi alto e a baixa porcentaxe de papel reciclado, o que fai que a contaminación pola fabricación e o impacto ambiental que provoca sexa elevado e que



Anexo
Os documentos, datos e táboas que nos axudaron a realizar este traballo de investigación foron:
v 51 enquisas do profesorado do instituto.
v 12 enquisas do persoal non docente.
v Táboas de datos do profesorado.
30 ou menos
De 30 a 60
De 60 a 90
De 90 a 120
De 120 a 150
Máis de 150
37
11
3
0
0
0

Número 1

30 ou menos
Entre 30 e 60
Entre 60 e 90
Entre 90 e 120
Entre 120 e 150
Máis de 150
13
11
12
5
5
5

Número 2

De 0% a 25%
De 25% a 50%
De 50% a 75%
De 75% a 100%
35
9
5
2

Número 3

v Táboas de datos do persoal non docente.

Menos de 30
De 30 a 60
De 60 a 90
De 90 a 120
De 120 a 150
Máis de 150
9
2
1
0
0
0
Número 4

Menos de 30
De 30 a 60
De 60 a 90
De 90 a 120
De 120 a 150
Máis de 150
6
1
0
3
2
0
Número 5

De 0% a 25%
De 25% a 50%
De 50% a 75%
De 75% a 100%
8
2
0
2
Número 6
































1.

E741311 - Educación Ambiental e a súa Didáctica (OPTATIVAS XERAIS)

Bibliografía básica e complementaria

BIBLIOGRAFIA BÁSICA (Programa: “Educación Ambiental e a súa Didáctica”. Curso 2004-2005).-

BUSQUETS, Mª. D.; 1994. Os Temas Transversais. Claves da formación integral. Ed. Santillana, Madrid
CARIDE,J. a al; 1991. Educación Ambiental. Realidades e perspectivas . Ed.Tórculo, Santiago.
De BLAS,P. et al; 1991. Resposta educativa á crise ambiental. Ed. M.E.C., Madrid.
FRENCH,H.; 1993. Despois da Conferencia de Río . Ed. La Catarata, Madrid.
GARCÍA GANDOY,J.A.; LÓPEZ RODRIGUEZ, R.; 2004. A Ecoauditoría Escolar ; Ed. Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Santiago de Compostela.
GIOLITTO,P.; 1984. Pedagoxía do Medio Ambiente . Ed. Herder, Barcelona.
GIORDAN,A.; SOUCHON,Ch.;1995. A Educación Ambiental. Guía Práctica. Ed. Díada, Sevilla.
GUTIERREZ,J. e outros (Edts.); 1997. Liñas de investigación na Educación Ambiental. Proxecto Sur, Granada.
HART, R.A.; 2001. A participación dos nenos no desenvolvemento sostible. Ed. UNICEF- PAU educación; Barcelona
JIMENEZ,J.R. et al. (coord.: CANO,Mª.I.); 1992. Orientacións didácticas para a Educación Ambiental na Educación Infantil. (Programa ALDEA de E.A.). Ed. Xunta de Andalucía.
LÓPEZ RODRIGUEZ, R.; 2002. A integración da educación ambiental no deseño curricular. Un estudio lonxitudinal na educación Primaria (Tese Doutoral). Ed. Servicio de Publicacións da Universidade de Santiago.
LÓPEZ RODRIGUEZ, R.; 2003. A Educación Ambiental. Modelo para a construcción dun soporte conceptual básico. Ed. Unicopia, Lugo.
- LÓPEZ RODRIGUEZ, R.; 2003. Educación Ambiental e a súa Didáctica. Ed. Servicio de Publicacións da Excma. Diputación Provincial de Lugo, Lugo.
LÓPEZ RODRIGUEZ, R.; GARCÍA GANDOY, J.A.; 2004. A Axenda 21 Escolar Galega; Ed. Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Santiago de Compostela.
LÓPEZ RODRIGUEZ, R.; TABOADA IGLESIAS, J.L.; LÓPEZ ALVÁREZ, N.; 2008. Impacto ambiental en centros da USC; Ed. Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia – Universidade de Santiago, Santiago de Compostela.
LUCINI,L.; 1994. Temas Transversais e Áreas Curriculares. Ed. Anaya, Madrid.
MEIRA, P.; 1998. Educación Ambiental. Fontes e recursos documentais. Concello de Oleiros, A Coruña
NOVO,Mª, 1995. A Educación Ambiental. Bases Éticas, Conceptuais e Metodolóxicas. Ed. Universitas.
NOVO, Mª; LARA,R. (coord.); 1997. O Análise Interdisciplinario da Problemática Ambiental. Vol. I y II. Ed. Fundación Universidade-Empresa, Madrid.
NOVO,Mª (coordra.); 1999. Os desafíos ambientais. Reflexións e propostas para un futuro sostible. Ed. Universitas, Madrid.
PARDO,A.; 1995. A Educación Ambiental como Proxecto. Ed. ICE Univ. Barcelona Ed. Horsoi.
MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE; 1999. Libro Branco da Educación Ambiental en España. Madrid.
UNESCO-PNUMA.- Colección: Programa Internacional de Ed. Ambiental. Ed. Catarata, Bilbao.
1992. Como construír un programa de Educación Ambiental.
1992, Guía para a ensinanza de Valores Ambientais.
1993. Educación Ambiental. Principios de ensinanza e aprendizaxe.
1993. Avaliación dun Programa de Educación Ambiental.
1993. Guía de Simulación e Xogos para a Educación. Ambiental.
1993. Educación Ambiental: Cara unha pedagoxía baseada na solución de problemas.
1993. Programa de educación sobre problemas ambientais nas cidades.
1994. Enfoque interdisciplinar da Educación Ambiental.
1994. Estratexias para la formación do profesorado de Educación Ambiental.
1994. Tendencias da Educación

Competencias

Os alumnos/as terán que adquirir as competencias, destrezas e habilidades precisas, que lles permitan:
-Comprender a complexidade dos procesos básicos de ensinanza-aprendizaxe, especialmente no ámbito da educación Primaria.
- Coñecer os contidos básicos que deberían ensinarse en relación coa educación ambiental (especialmente no ámbito da educación Primaria), comprendendo a súa singularidade epistemolóxica e a súa especificidade didáctica.
-Analizar situacións reais ou simuladas, detectando problemas ambientais, e formulando a súa abordaxe dende plantexamentos de resolución do problema compatibles coa sostenibilidade
-Iniciarse na investigación das ideas, actitudes e comportamentos do alumnado en relación co medio ambiente e os seus problemas e solucións
- Formular problemas para traballar no aula, relevantes dende a perspectiva da educación ambiental
- Deseñar propostas didácticas de educación ambiental, que permitan a súa integración de modo transversal
- Desenvolver o espírito crítico que lles permita enxuizar outras propostas pertencentes a materiais curriculares e/ou publicacións doutro tipo e propoñer modificacións que as melloren.