A PEGADA ECOLÓXICA NO IES NOSA SEÑORA DOS
OLLOS GRANDES


Fernández Castro, Noemí
Fernández Castro, Rocío
López Arias, Sara

1º BAC C

O motivo desta investigación é coñecer, dende o punto de vista da mobilidade, cal é a pegada ecolóxica do noso Instituto. Para iso, elaboramos unhas enquisas que se repartiron entre unha mostra axeitada dos integrantes desta comunidade. A partir delas, analizamos os resultados para comprobar se cumprimos coa nosa cota de pegada ecolóxica.


INTRODUCIÓN


A través desta investigación preténdese coñecer cal é a pegada ecolóxica do noso Instituto, é dicir, como afectan as condutas do centro ao noso planeta, cuantificando o número de hectáreas necesarias para manter ese modo de vida.
A pegada ecolóxica foi definida por William Rees e Mathis Wackernagel, por primeira vez, como a área ou superficie de territorio ecoloxicamente produtivo necesaria para producir os recursos empregados e para asimilar os residuos producidos por unha poboación definida cun nivel de vida específico, independentemente da localización destas áreas.

Dado que estamos a vivir unha época de gran preocupación polo clima e a ecoloxía, faise necesario tomar conciencia de cales dos nosos hábitos, aínda que pensemos que sexan insignificantes, resultan prexudiciais para o planeta e, por tanto, deben ser modificados.
A maioría das investigacións realizadas neste senso arroxan resultados negativos, sendo a pegada ecolóxica maior ca capacidade ecolóxica da Terra. Segundo algunhas investigacións, serían necesarios catro Planetas máis para facer fronte ao incremento da pegada ecolóxica de tódolos habitantes da Terra. Seremos capaces no IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes de dar co déficit ecolóxico cero?



METODOLOXÍA DE TRABALLO


A pegada ecolóxica, definida no apartado anterior, é un indicador chave á hora de falar de sostenibilidade. Nela inflúen numerosos aspectos medio ambientais, pero neste apartado imos estudar só un deles: a mobilidade.
A mobilidade está intimamente ligada ao sector do transporte, que xoga un papel protagonista no cálculo da pegada debido á súa forte dependencia de reservas fósiles limitadas como fonte de enerxía, a que constitúe un dos principais focos de contaminación e de emisión de gases de efecto invernadoiro e é un importante modificador da estrutura territorial e paisaxística.
O cálculo da pegada ecolóxica do transporte centrase en determinar a superficie necesaria para a absorción das emisións de CO2 debidas ao consumo de combustibles. Segundo Greenpeace, o 22% do valor da pegada ecolóxica é debido ao transporte, polo que así de entrada, parece que no IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes non poderemos estar por debaixo desta porcentaxe.
Para estudar as pautas de mobilidade e calcular a pegada ecolóxica asociada ao transporte no IES, realizáronse enquisas a unha mostra representativa da comunidade educativa. En total, leváronse a cabo 319 enquisas, sobre una totalidade de 911 integrantes da comunidade. Para ver os detalles por sectores, consultar a Táboa 1 do Anexo I.



Para calcular a pegada ecolóxica relativa á mobilidade seguimos os seguintes pasos. Nun primeiro momento tiñamos que saber cal sería a media de CO2 emitida tanto polos profesores como polo PAS. Para acadar esta cifra multiplicamos o número de quilómetros polo número de traxectos feitos á semana. Este resultado multiplicámolo por 33, que son as semanas lectivas dun curso, obtendo así o número de quilómetros ao ano. Para calcular as emisións de CO2, multiplicamos os quilómetros anuais polo factor correspondente segundo o nivel de ocupación (véxase o Anexo II). Todas estas operacións fanse para cada un dos enquisados. Finalmente, calculamos a media das emisións de CO2.
Dibujo.JPG

O seguinte paso que fixemos foi calcular cantas hectáreas, Ha, serían necesarias para absorber todo o CO2 emitido polos profesores e o PAS. Así, tendo en conta que existen datos aproximados de que unha Ha absorbe 20.000 Kg de CO2, só nos faltaría por saber cantas Ha serían necesarias para absorber a media de emisións do profesorado que, neste caso, é de 484,372 Kg CO2/ano.cuentasmov2cfgyui.JPG
Para calcular a capacidade ecolóxica do IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes, partimos do dato aproximado de que, das 0,7 Ha do instituto, só 0,003 Ha son produtivas. Este dato corresponde coas 911 persoas que o integran, por tanto, só nos faltaría saber cal é a capacidade ecolóxica dunha soa persoa.
cuentasmov3vgh.JPG

Para que a capacidade ecolóxica fose o 100%, tería que ser igual que a pegada ecolóxica, para que non existise déficit. Partindo desta premisa, pode calcularse a porcentaxe de capacidade ecolóxica.
cuentasmov4chyj.JPG

Partindo deste dato, resulta doado calcular o déficit ecolóxico. Só hai que restar á pegada ecolóxica a capacidade ecolóxica.
cuentasmov5cghk.JPG

A taxa porcentual calculase seguindo esta premisa: para que o déficit sexa cero, a pegada ecolóxica ten que ser igual á capacidade ecolóxica.
cuentasmov6xfjh.JPG

Finalmente, para saber cantos planetas serían precisos para manter esta pegada ecolóxica, só hai que dividir a pegada ecolóxica entre 1,9, que son as Ha de espazo biolóxicamente produtivo dispoñible para cada persoa na Terra.
cuentasmov7dghj.JPG

Para calcular a porcentaxe do planeta, bastaría unha sinxela regra de tres.
cuentasmov8cgjk.JPG


RESULTADOS E DISCUSIÓN

O cuestionario entregado aos enquisados incluía preguntas sobre o seu medio de transporte, o número de traxectos realizados ou os quilómetros empregados. A folla de recollida de datos pódese consultar no Anexo III.
Como resultado de toda esta investigación, referida nesta parte só ao profesorado e ao persoal non docente, pódense observar os seguintes datos representados mediante as gráficas que a continuación se expoñen: (as táboas pódense ver no Anexo IV).

gráficasmov1xfgn.JPG





Gráfica 1. Distribución da comunidade educativa do IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes por sectores.








O primeiro e máis destacable dato que se desprende das enquisas realizadas é que ningún membro docente ou non docente emprega o transporte público para acudir ao instituto. A maioría van a traballar a pé, pero seguidos moi de preto por aqueles que van no automóbil. No caso do PAS, a tendencia é a ir en coche; só cinco persoas van camiñando ao traballo.

gráficasmov2xxgfj.JPG






Gráfica 2. Medios de transporte empregados polos profesores.








gráficasmov3xfgj.JPG






Gráfica 3. Transporte público ou transporte privado.









gráficasmov4cfgj.JPG








Gráfica 4. Medios de transporte empregados polo PAS











Outro dato salientable é que entre aqueles profesores que van traballar en automóbil, só cinco persoas comparten vehículo. O resto realiza só o traxecto, co considerable aumento de emisións de CO2 a atmosfera que iso supón. No caso do persoal non docente tamén se mantén esta tendencia, xa que a inmensa maioría deles viaxan solos.


gráficasmov5cvgj.JPG
Gráfica 5. Persoas por automóbil
O número de traxectos que realizan anda arredor dos 12. Un número moi reducido de profesorado realiza o camiño máis de 12 veces por semana. No caso do PAS, ninguén.

gráficasmov6cghj.JPG






Gráfica 6. Traxectos do profesorado





gráficasmov7cghj.JPG









Gráfica 7. Traxectos do PAS









Pero o dato que realmente chama a atención é que a maioría dos traxectos que realizan os docentes ten menos de dez quilómetros, polo que serían perfectamente realizables en transporte público; sete deles realiza un percorrido de dez a vinte quilómetros e só tres, superan esta distancia. No caso do PAS, pode dicirse que case a totalidade deste colectivo necesita percorrer menos de 10 quilómetros para achegarse ao traballo.

gráficasmov8MOVVVMOV.JPG
Gráfica 8. Quilómetros.
PROCESO DE TRATAMENTO DE DATOS

Se nos fixamos no apartado 2.4 das enquisas, relativo ao número de quilómetros que se percorren dende a casa ata o centro escolar en automóbil, podemos calcular:


PROFESORES

Total: 230,8 quilómetros/ano/persoa
Media: 7,69 quilómetros

PAS

Total: 34 quilómetros/ano/persoa
Media: 3,78 quilómetros

Baseándonos no apartado 2.3 das enquisas tamén podemos calcular o número de traxectos:


PROFESORES

Total: 332 traxectos
Media, 11,07 traxectos/ano/persoa

PAS

Total: 98 traxectos
Media:10,09 traxectos/ano/persoa.

As emisións de KgCO2/ano a atmosfera en función da ocupación dos automóbiles son as que se recollen na seguinte táboa:


táboa_mov_personas_movi.JPG

O CO2 emitido á pé:


PROFESORES: 0 KgCO2/ano
PAS: 0 KgCO2/ano


Polo tanto, tras analizar os datos pode concluírse que a pegada ecolóxica con respecto á mobilidade do Instituto A Nosa Señora dos Ollos Grandes é:

PROFESORES: 0'0242186 Ha/pers/ano
PAS: 0'01053 Ha/pers/ano

Dado que os cálculos de Kg de CO2 son moi extensos so facemos referencia a un exemplo:

-2 persoas no automóbil:
.7'69Km 7'69 x 11'07=85'13(Km x traxectos)
.11'07 traxectos 85'13 x 33=2809'29(Km x traxectos x semanas)
.2 persoas 2809'29 x 0'20=561'86 Kg CO2 ao ano
.33semanas

PROFESORES: 484'372 Kg CO2/pers/ano
PAS: 210'6 Kg CO2/pers/ano


CONCLUSIÓNS

Destes datos pode obterse as seguintes conclusións:

1. Viaxan en automóbil 39 persoas, das cales, 37 viaxan solas, 5 viaxan acompañadas por outra persoa e só 2 persoas levan un 50% de ocupación no seu coche, é dicir, viaxan de tres en tres.

2. A cantidade de CO2 emitida a atmosfera polos profesores e o PAS é bastante elevada, obtendo una media de 410,92 Kg de CO2 por ano e persoa. Esta situación, por desgraza, non nos estraña xa que partiamos da hipótese de que ía ser moi alta.

3. Non se emprega o transporte público, de aí esta elevada cantidade de CO2. É máis, a maioría dos docentes do IES que deben realizar un traxecto de entre medio quilómetro e cinco quilómetros ¡emprega o seu transporte privado! Un xesto tan habitual como é coller un autobús pode supoñer un aforro de case 140 Kg de CO2 de media. Aínda sería moito mellor ir a pé, xa que son distancias relativamente cortas.

Especial mención merece un membro do profesorado que ten que facer un traxecto de 300 metros para ir ao Instituto e emprega o coche… Sen palabras!


4. Non se comparte o vehículo. Nun traxecto de cinco quilómetros, un coche ocupado por unha soa persoa emite a atmosfera 396 Kg de CO2 por ano, mentres que se é ocupado por tres persoas, o número de kg redúcese de xeito considerable a 138 Kg de CO2.


Pero aínda non hai que perder a esperanza xa que algo máis do 50% dos enquisados vai ao Instituto a pé.

5. Tendo en conta que a porcentaxe de espazo biolóxicamente produtivo do Instituto é de aproximadamente 0,4%, chégase á conclusión de que a pegada ecolóxica do profesorado do IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes é de 0.0242186 Ha/per/ano, polo que serían necesarios 0,012 planetas se toda a poboación do mundo tivese o mesmo consumo en mobilidade. Este dato do 0,012 equivale ao 1.2% do Planeta Terra, unha porcentaxe moi elevada se consideramos que a pegada ecolóxica dunha persoa, contando todos os factores, debería ser de 1,9 Ha. Segundo estes datos relativos ao profesorado, a capacidade ecolóxica do noso Instituto é inferior á pegada ecolóxica, polo que temos un déficit ecolóxico de 0.02421530692 Ha/per/ano, é dicir, estase a consumir máis do que se pode producir e absorber nesta zona.

6. No caso do PAS do IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes tamén habería un déficit ecolóxico de 0.010527 Ha/per/ano, sendo a súa pegada ecolóxica de 0.01053 Ha/per/ano. Para compensar este dato serían necesarios 0,0055 Planetas Terra para absorber a súa contaminación en mobilidade.


PROPOSTAS
Se tomamos como base as conclusións anteriores, podemos formular unha serie de propostas para tratar de modificar estes resultados.
1. Ir a pé.
2. Empregar o transporte público.
3. Se fose indispensable a utilización de automóbil, tentar compartilo.
4. Cambiar o automóbil por un coche eléctrico ou híbrido.
5. Aumentar a capacidade ecolóxica do instituto.
6. Facer campañas de sensibilización.


No tocante as dificultades atopadas á hora de recoller información hai que destacar a negativa dalgún profesor a realizar as enquisas; algún deles chegou a dicir que era “antienquisas”. Pero, sen dúbida, a maior dificultade que atopamos foi á hora de realizar os cálculos de emisións de CO2 xa que os datos das follas de Recollida de Datos, que aparecen no Anexo III, resultaron insuficientes e tivemos que botar man das propias enquisas para elaborar o resultado final.


ANEXO I
anexomov1vgkckj.JPG
Táboa 1. Distribución das enquisas realizadas.


ANEXO II

anexomov2chjchj.JPG


ANEXO III

anaxomov3_profes.JPG

anexomov3_pas.JPG

ANEXO IV


anexomov4_1hjxhj.JPG
Táboa 1. Distribución da comunidade educativa do IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes por sectores.



anexomov4_2cghjk.JPG
Táboa 2. Medios de transporte empregados polos profesores.



anexomov4_3dghj.JPG
Táboa 3. Transporte público ou privado.



anexomov4_4vghk.JPG
Táboa 4. Medios de transporte empregados polo PAS.



anexomov4_5njk..JPG
Táboa 5. Persoas por automóbil.



anexomov4_6_xfgj.JPG
Táboa 6. Traxectos do profesorado.


anexomov4_7xfgh.JPG
Táboa 7. Traxectos do PAS


anexomov4_8xxvbn.JPG
Táboa 8. Quilómetros.


WEBGRAFÍA

[[http://es.wikipedia.org/wiki/Huella_ecológica]]

www.ecologiaverde.com

www.usc.es

http://www.usc.es/plands/seccions/datos_plan/eixe2/pegada_ecoloxica/estudo/estudo_PE.htm

[[http://es.wikipedia.org/wiki/Hectárea_global]]

http://es.wikipedia.org/wiki/Hect%C3%A1rea_global

[[http://es.wikipedia.org/wiki/Huella_ecológica]]

http://es.wikipedia.org/wiki/Huella_ecol%C3%B3gica

http://www.cuanto.biz/2010/01/cuantos-habitantes-tiene-el-mundo.html

http://www.laregioninternacional.com/pdf.php?idnoticia=57849

http://www.slideshare.net/pablitisclark/huella-ecolgica-2907418


http://pilar-bioxeo.blogspot.com/



_

ESTUDO DA MOBILIDADE NO ALUMNADO
Diaz Castro,Iria; Besteiro Santiso,Irene; Cañedo Tejeda,Sara; Maciñeiras Romariz,Barbara; Onega Seoane,Anxo; Rodriguez Lorenzo,Gabriel;Garcia Gomez,Francisco; Gomez Perez,Beatriz; Gonzalez Veiga,Alba.



1°C



Introducción
Obxectivo e motivo do traballo:
O motivo da investigación é facer un cálculo aproximado ou, polo menos, orientativo da pegada ecolóxica do noso centro, é dicir, o impacto ambiental que provoca o noso centro educativo diariamente.
O traballo do noso grupo consiste en calcular as emisión de CO2 producidas, asociadas á mobilidade, na variable do alumnado.

Fontes iniciais que trataron o tema:
A pegada ecolóxica é un indicador para analizar a sostibilidade dun sector de poboación.
Os iniciadores en propoñer este indicador foron os profesores William Rees e Mathis Wackenagel. Este curioso indicador nos permite coñecer aproximadamente o impacto da humanidade sobre a natureza.
Para realizar e conseguir os obxectivos deste traballo baseámonos nunha metodoloxía establecida por estes dous profesores no ano 1996 e tendo en conta o labor e os desenvolvementos metodolóxicos propostos nos estudos feitos pola universidade de Santiago de Compostela, concretamente, polo seu plan de Desenvolvemento Sostible.

Metodoloxía de traballo
A pegada ecolóxica é un indicador que nos permite coñecer dun xeito aproximado o impacto do home sobre o medio ambiente.
Exprésase en hectáreas por persoa e ano e danos unha idea do custo ecolóxico de vida da poboación analizada (neste caso o noso instituto) por medio da cantidade de hectáreas de planeta terra que son necesarias para manter .
A mobilidade,o apartado que estamos a estudar,é moi importante xa que é o que máis CO2 expulsa á atmosfera.As variables a estudar son as diferentes maneira de ir ao instituto:automóbil,autobús ,motocicleta,bicicleta e a pé.
O noso traballo corresponde ao alumnado,elixido ao azar entre os grupos de E.S.O e BAC , do cal recollemos 235 enquisas sobre as variables xa citadas.
Como nos dividimos en varios grupos para realizar a recollida de enquisas de maneira más eficaz despois tivemos que xuntarnos para uni-los e así continuar co traballo.
Máis tarde xuntámonos para termina-lo traballo,facendo as diferentes gráficas e realizando os diferentes apartados contando ca conseguinte metodoloxía de traballo.
Coñecendo a importancia desta variable e as súas consecuencias formulamos as seguintes hipóteses:
· As emisións de CO2 no noso campo non se van reducir posto que a xente non vai prescindir do automóbil,que é o máis contaminante.
· A maioría da poboación non vai a pé nin en bicicleta debido á comodidade, o que melloraría o as emisións de CO2.
Estas hipóteses foron elaboradas contando cun ,non posible,descenso das emisións de CO2.

Resultados e discusión

Hábitos
Esta gráfica indícanos os distintos modos de desprazamento e a cantidade de persoas que os utiliza para desprazarse ao instituto.
En primeiro lugar está o automóbil con 90 persoas e no último a bicicleta con 3. Isto fainos ver que as persoas utilizan a forma máis cómoda para desprazarse, xa que a maioría delas teñen o automóbil na casa e é máis cómodo o desprazamento, pero é tamén unha das formas que máis contamina.
En segundo lugar encóntranse as persoas que se desprazan a pé, este é un dos mellores métodos xunto coa bicicleta, xa que non produce CO2.
En terceiro lugar atópase o autobús,con 55 persoas, que é un medio de transporte barato e que contamina menos co automóbil ao transportar a máis persoas xuntas.
En cuarto e quinto lugar están a motocicleta(5 persoas) e a bicicleta(3 persoas).


TABLA_HABITOS(gráfica1).JPG
Persoas por automóbil
Nesta gráfica móstranse a cantidade de persoas que se desprazan en automóbil ao centro escolar. A maioría desprázase en parellas, outra parte desprázase en grupos de tres e outro grupo chega sen compañía ao centro. Os casos de catro e cinco persoas adoitan ser pais que levan aos seus fillos á clase cando van traballar.

PERSONAS_AUTOMOBIL(grafica2).JPG
Número de traxectos

En canto ao número de traxectos , o automóbil é o que máis traxectos fai en todolos casos, xa que é moi útil como xa dixemos anteriormente. No segundo lugar está o autobús que tamén suma una cantidade bastante alta de traxectos e por último a motocicleta que é o menos utilizado.
NUMERO_DE_TRAYECTOS_(grafica3).JPG

Kilómetros percorridos
Unha vez máis, o automóbil se coloca en primeiro lugar cunha gran suma de kilómetros percorridos, seguido do autobús e no último lugar a motocicleta, xa que non é un medio de transporte demasiado utilizado para percorrer grandes distancias.

kilometros_(grafica4).JPG
Cálculos CO2

Descoñecemos o número exacto de traxectos por persoa e o número de km exactos por traxecto. Polo que non é posible saber a media con exactitude.
Non obstante, o número de percorridos en automóbil normal, e máis frecuente, é o de 12 traxectos. Polo que podemos supoñer que os que fan menos de 12 traxectos farán , aproximadamente, 10, e os que fan máis de 12 serán, aproximadamente, 14.
Respecto aos km, supoñemos que os que fan menos de 10 km farán 2 km por traxecto xa que viven dentro da cidade e no entorno do instituto. Os que están entre 10 e 20 km supoñemos que percorren unha distancia aproximada de 12 km, corresponderíase cos residentes en Nadela e arredores. E por último, os que fan un percorrido de máis de 20 km supoñemos que fan 22 km.

Non temos, e descoñecemos, o dato que relaciona os traxectos co número de km que fai cada persoa en cada traxecto.
Polo tanto, parécenos que a forma de aproximarnos ao resultado é calcular a media de traxectos e a media de km por traxecto.

· Automóbil:
o Media de traxectos: 11.23 traxectos/persoa
o Media de km: 7.64 km/pers/traxecto
· Autobús:
o Media de traxectos: 10.84 traxectos/persoa
o Media de km: 7.76 km/pers/traxecto
· Motocicleta:
o Media de traxectos: 10.6 traxectos/persoa
o Media de km: 5 km/pers/traxecto
Segundo os datos aproximados que obtivemos podemos achar a media de km que percorre cada persoa semanalmente para acudir ao centro. (nº medio de traxectos x nº medio de km)

· Automóbil: 85.8 km/pers/sem
· Autobús: 84.12 km/pers/sem
· Motocicleta: 53 km/pers/sem
Cos datos que obtivemos calculamos as emisións de CO2 semanais. E tamén as emisións totais nun curso lectivo, contando que un curso lectivo equivale a 33 semanas.

· Automóbil:
o 1 persoa no automóbil: 17.16 kg CO2 /pers/ sem
308.88 kg CO2 /sem emiten as 18 persoas que van solas no seu automóbil nunha semana.

o 2 persoas no automóbil: 8.58 kg CO2 /pers/sem
283.14 kg CO2 /sem emiten as 33 persoas que van de dous no automóbil á semana.

o 3 persoas no automóbil: 6 kg CO2 /pers/sem
162 kg CO2 /sem emiten as 27 persoas que van de tres no seu automóbil á semana.

o 4 persoas no automóbil: 4.29 kg CO2 /pers/ sem
68.64 kg CO2 /sem emiten as 16 persoas que viaxan de catro en catro á semana.
Os kg de CO2 totais emitidos semanalmente polas persoas en automóbil ascenden a 822.66 kg CO2/sem
As emisión totais nun curso lectivo son de
27147.78 kg CO2
· Autobús: 3.36 kg CO2 /pers/ sem
198.24 kg CO2 /sem son emitidos polas 59 persoas que viaxan en autobús.
As emisións totais nun curso lectivo son de
6541.92 kg CO2.
· Motocicleta: 3.18 kg CO2 /pers/ sem
31.8 kg CO2 /sem son emitidos polas 10 persoas que se desprazan en motocicleta.
As emisións totais nun curso lectivo son de
1049.4 kg CO2
kg_CO2_emitidos_semanalmente_(grafica_5).jpg

Polo que as emisións totais de Co2 correspondentes co alumnado nun curso lectivo son de 34739.1 kg CO2
Co que deducimos que serían necesarias 5540.52 Ha de bosque galego para compensar esas emisións de CO2.


CONCLUSIÓNS
Cos resultados que obtivemos podemos deducir que o transporte máis utilizado é o automóbil o que valoramos como mal feito xa que é o máis contaminante,así como que as reducións, cambiando dese a outro transporte ,serían moi elevadas.
É evidente que o alumnado prefire a comodidade ás reducións de CO2 xa que a maioría vai e automóbil,sendo o máis contaminante de todos,coincidindo así cos datos obtidos.
Neste traballo atopamos varias dificultades nos cálculos do CO2 xa que a información das enquisas que tiñamos non era precisa nin suficiente.Tamén nos supuxo un grande obstáculo calcular a cantidade de hectáreas de bosque que teríamos que plantar para reparar o dano ambiental que supón o noso instituto, resumindo ,a pegada ecolóxica. Outro impedimento importante foi o pouco interés e a falta de colaboración dos alumnos enquisados,que se mofaban das enquisas e contestaban respostas absurdas.
Analizando os datos obtidos concluímos que as nosas hipóteses iniciais podían non ser as correctas:
· A partir do traballo realizado chegamos á conclusión de que as emisións de CO2 son maiores do que nos críamos,sendo unha porcentaxe moi elevada.
· Tamén comprobamos que as emisións de CO2 reduciríanse considerablemente,sobre 16.500 kg,se os alumnos que ían en automóbil foran en autobús.


APÉNDICE:
A nosa proposta de redución de emisións basease na teoría de que os alumnos que viaxan habitualmente en automóbil o fagan en autobús. Realizando diferentes cálculos obtivemos o resultado dunha redución de 16501.72 kg de CO2
Con estes resultados pódese observar que se a xente utilizara máis o transporte público emitiríanse menos kg CO2 á atmosfera.