*E L E C T R I C I D A D E*




1. INTRODUCIÓN

· Que é a enerxía ?


O termo
enerxía ten diversas acepcións e definicións, relacionadas coa idea dunha capacidade para obrar, transformar ou pór en movemento.

· Que entendemos por electricidade ?

A
electricidade é un fenómeno físico cuxa orixe son as cargas eléctricas e cuxa enerxía maniféstase en fenómenos mecánicos, térmicos, luminosos e químicos, entre outros.



2. METODOLOXÍA DE TRABALLO


Para calcular a pegada ecolóxica do noso instituto, o noso grupo fixo un estudo dunha das variables máis importantes das que depende a devandita pegada: a electricidade.

En primeiro lugar, do noso traballo obtivemos diferentes datos a partir das facturas facilitados na secretaría do centro. Unha vez obtidas estas facturas, que amosaban os datos de consumo de electricidade do instituto no ano 2009, o noso traballo baseouse na recollida dos devanditos datos.

1. Para comenzar, estudamos factura a factura, e obtivemos datos de cada unha de elas.

2. Despois, puxemos en conxunto todos os resultados para que, deste xeito, puidésemos establecer as gráficas que amosasen os resultados finais do consumo.

3. Xa rematadas as gráficas, voltamos a facer un estudo dos datos, é dicir, elaboramos a interpretación das mesmas para, a seguir, poder obter deles unha serie de conclusións finais.

4. Finalizada unha das partes fundamentais do traballo (recollida de datos) e, polo tanto, coas conclusións obtidas, decidimos tirar unha serie de fotografías do centro que xustificasen e reflectisen as devanditas conclusións.

5. Finalmente, e logo de elaborar e estudar todo o traballo, decidimos redactar unha serie de propostas para reducirmos o consumo de electricidade e poder, así, contribuír á redución da pegada ecolóxica do noso centro e concenciar a todos os alumnos e mesmo profesores do centro.



3. RESULTADOS E DISCUSIÓN

grafica.1.jpg


TOTAL ENERXÍA ACTIVA: 67740 kWh
MEDIA ENERXÍA ACTIVA:
5645 kWh

grafica2.jpg



TOTAL ENERXÍA REACTIVA: 3190 kVArh
MEDIA ENERXÍA REACTIVA: 266 kVArh



grafica.3.jpg

CUSTO TOTAL ENERXÍA: 10862.96 €
CUSTO MEDIO POR MES DA ENERXÍA: 905.25 €



Nas gráficas podemos observar que, os meses que máis enerxía é precisa para manter o instituto cun funcionamento normal, son nos meses de inverno e comezo do mesmo, é dicir, Outubro, Novembro e Decembro, seguíndolles deste xeito, pero bastantes distantes,
Xaneiro, Febreiro e Setembro.


maquina.jpg

Se o relacionamos co custo en euros que isto supón, é indubidable que, a partires do mes de Outubro, comeza a consumirse unha gran cantidade de enerxía debido, principalmente, ao descenso das horas de luz que vén dado polo cambio horario que todos os anos ten lugar neste mesmo mes. As horas de escuridade aumentan e, polo tanto, a necesidade da luz eléctrica en todo o instituto, sobre todo, nas primeiras mañá e moi cedo nas tardes. Para alén diso, as condición climatolóxicas determinan que, neste período, os ceos estean practicamente anubrados a meirande parte dos días. Así, nos seguintes catro meses nos que comeza e remata o outono e, por conseguinte, comeza o inverno, son tamén os meses nos que máis cantidade de enerxía consumida é rexistrada.
É no mes de Setembro no que observamos un aumento considerable deste consumo de enerxía, por mor do incremento da actividade que se produce no noso centro co inicio do curso académico.
Por outra banda, é nos meses do verán (sobre todo en Xullo, que se atopa a case 600€ da media mensual) nos que menos consumo hai debido, principalmente, a que comeza a diminuír a actividade no centro co comezo da actividade estival, e deste xeito, xustifícase o descenso do consumo enerxético tamén. Aínda así, este consumo non está nunca por debaixo dos 300€.





  • TOTAL ELECTRICIDADE CONSUMIDA (kWh) = 67740 kWh


Estimado a partires dos datos de consumo de electricidade e emisións. Consellería de Medio Ambiente e INEGA.
1.07kg CO2/kWh x 67740 kWh = 72481.8 kg CO2



Balance enerxético de Galicia 2006. (2008)
0.57 kg CO2/kWh x 67740 kWh = 38611.8 kg C02



Balance enerxético de Galicia 2006. (2008)
0.48 kg CO2/kWh x 67740 kWh = 32515.2 kg C02




4. CONCLUSIÓNS

O estudo das gráficas levounos ás seguintes conclusións.

1. O consumo enerxético do noso centro, malia ser excesivo, xustifícase (aínda que non totalmente) polo tamaño do centro educativo, o cal presenta múltiples dependencias que precisan desta enerxía eléctrica ( as aulas, os laboratorios, a biblioteca, oficinas, ximnasios…), así como todos os aparellos eléctricos que podemos atopar nestas aulas (ordenadores, lámpadas, proxectores…) e demais instalacións (ascensor, os timbres…), a gran cantidade de actividades tanto por parte do profesorado como do alumnado no período lectivo, así como todas as actividades extraescolares levadas ao cabo no interior do centro, tanto en época lectiva como en época estival. (clases de reforzo, exames ás tardes, deportes no ximnasio…)


ascensor.jpg

2. Cómpre sinalar que estanse a empregar elementos que consumen gran cantidade de electricidade para o seu funcionamento e que, á súa vez, son contaminantes. Por este mesmo motivo, cremos que é preciso que o noso instituto acolla unha serie de medidas ou propostas con fin de reducir o seu impacto na natureza e, así, reducir tamén o consumo eléctrico e o aforro de bastantes cartos ao longo de todo o ano. Para isto, temos que ter en conta que hai que avanzar, apostando por unha tecnoloxía que sexa capaz de fabricar de aparellos, electrodomésticos e outro tipo de tecnoloxías industriais de baixo consumo e que, porén, garanten unha gran rendemento.
3. Por mor do alto consumo de enerxía é evidente que entre todos temos reflexionar e tentar aforrar electricidade para evitar problemas ecolóxicos derivados das emisións de xeradas por determinados procedementos da produción da electricidade.



luz.jpg

4. Con todo isto queremos dicir que o gran consumo de enerxía eléctrica do noso instituto non está totalmente xustificado, e pensamos que poderiamos aforrar moito se todos nós puxeramos algo da nosa parte. Quizás coa concienciación de todos nós, algún día acadaremos unha redución considerable deste consumo sen prexudicar ao correcto funcionamento do instituto.








2. PROPOSTAS DE MELLORA


fachadA.jpg

O cambio climático converteuse nunha preocupación a nivel mundial que implica concienciar a toda a poboación e, por iso, cómpre informar a todos os alumnos deste instituo das distintas propostas de aforro:

1. Empregar as luces só cando sexa preciso (co que se evitarán moitas emisións de dióxido de carbono anuais e conseguirase un maior aforro de enerxía). De feito, cremos que non é preciso manter acendidas as luces durante toda a mañá, en todas as aulas do instituto, todos os días do ano, xa que, ás veces, non é necesario. Polo tanto, a medida principal de todas é, posiblemente, o feito de empregar as luces só e tan só cando sexa preciso (co que poderiamos evitar moitas un enorme aforro de enerxía) ou manter apagados completamente os aparellos eléctricos se non están sendo empregados.

2. Utilizar lámpadas de baixo consumo (que ademais son máis baratas e reducen os gastos de electricidade considerablemente).

pasillo.jpg
3. Deixar pasar a luz solar durante o día e aproveitar, deste xeito, a natural, para que non sexa preciso prender as luces. Deste xeito poderiamos empregar só as necesarias ou ningunha naqueles días nos que o Sol o permita. O noso instituto conta con grandes ventanais na meirande parte das clases e corredoiros (nas que permanece a luz acendida durante todo o ano) que fai posible o devandito aproveitamento da luz solar.

4
. Polo tanto, debemos evitar manter a luz acendida nos baños, nos corredoiros e nas aulas que sexan luminosas naqueles días nos que o sol refulxa luz dabondo.

baños.jpg



(na fotografía obsérvase un dos servizos do instituto, luminoso naqueles días nos que o Sol o permite e no que non é mester a luz eléctrica.)









clase.jpg (nesta aula, porén, observamos as luces acendidas durante un recreo no que non hay ninguén. Ademais, trátase dunha a aula moi luminosa na que non é mester o emprego da luz eléctrica agás nos días escuros de inverno.)


-
Na cafetaría do instituto:
1. O conxelador e o frigorífico deben apartarse dos fogos ou da caldeira, pois así consumirán menos, ademais, é recomendable non meter os alimentos quentes nestes aparellos porque necesitan máis enerxía para enfrearse.
2. O frigorífico nunca debe estar ao máximo (consume máis e os alimentos poden estropearse).
3. O conxelador debe desconxelarse con regularidade
(evitando que se acumulen máis de 6 mm de xeo).
4. No caso de renovar os electrodomésticos, mercar os de Grado A, que consumirán menos enerxía.
5. A temperatura do auga quente non debe superar os 60°C.
6. Empregar o lavalouzas a unha baixa temperatura e cando estean cheos.
7. Ferver só a auga que se vaia empregar.
8. Cociñar, con recipientes de maior tamaño
(tapados e con pouca auga) que os quecedores ou zonas de cocción. Ex: as ollas a presión aforran tempo de cocción e, por tanto, enerxía.
9. Apagar o lume cinco minutos antes de terminar de cociñar
10. Os microondas empregan entre un 30 e un 70% menos de enerxía que os fornos convencionais. Para aproveitar mellor o microondas débense cortar os alimentos en pequeñas racións e queentalos por porcións individuais.
11. Non abrir o forno innecesariamente
(pois perderá un 20% da calor acumulada).


-Na limpeza do instituto:
1. O aspirador é moi útil para esta tarefa, por iso:
-Debe empregarse só o tempo necesario
(así aforraremos enerxía).
-O aparello debe estar nun bo estado.
- Cómpre limpar os filtros ao acabar de usala.
2. Ademais, todos os elementos a empregar deberían ser de baixo consumo e atoparse nun bo estado. Tamén é moi importante facer un uso óptimo deles.

· Aforrar enerxía ten outras vantaxes para o medio ambiente, pois con iso evitamos:
-Chuvias ácidas
-Incremento das enfermidades cardio-respiratorias
-Contaminación do aire
-Aumento da temperatura e das radiacións solares
-Destrución de bosques
-Devastación de paraxes naturais
(tanto ecosistemas como especies animais)