instituto_frontal.JPG




Esperamos que vos asomarades a través da ventá que abrimos á Lugo e se non o fixestes aínda estades a tempo de somerxervos.
Como recordaredes, para calcular a pegada ecolóxica, primeiro debemos elixir a zona da que queremos coñecer esta cifra, e no noso caso, limítase a un edificio no cal pasamos boa parte do noso tempo: o IES a Nosa Señora dos Ollos Grandes, o noso instituto. Pero, a pesar de que de que recorredes os seus corredores, as súas clases, as súas escaleiras, coñecedes tan ben como credes aquilo que se esconde entre as súas paredes?? Se a túa resposta contén dúbidas, non o penses e sigue lendo, DESCOBRE OS MISTERIOS dun edificio con verdadeira historia.

Pero antes de viaxar a un pasado cheo de historia has ter que gardar as feroces gañas, pero... non te preocupes!!! Non se che fará moi longo, xa que co que ven a continuación verás o teu instituto dende unha nova perspectiva aberta ás súas posibilidades como edificio eficiente.
Na túa cabeza seguro que converxen diferentes ideas, pero... que relación ten isto coa PEGADA ECOLÓXICA?? Pois a resposta non se atopa lonxe xa que, como lembrades, se reducimos o consumo dos recursos utilizados optimizando as posibilidades que presenta o edificio e as nosas capacidades para levalo a cabo, a maiores do descenso da cantidade de residuos producidos por este, estaremos a contribuír no descenso da cifra da pegada ecolóxica.

Anímaste a continuar e incluso nun futuro ser o arquitecto dun futurista instituto eficiente, ou quen sabe, dun verdadeiro edificio ecolóxico??
A continuación podedes observar dous bosquexos do instituto dende dúas perspectivas diferentes:





vista_guay.jpg
Os seus máis de 50 anos de historia o condicionan como un edificio antigo, construido nunha época moi distinta á actual e por cuxos corredores pasaron dos máis variopintos personaxes.
Atópase nunha zona de elevado tránsito tanto de vehículos como de persoas e viandantes dende as primeiras luces do día ata o encendido das farolas.
A súa posición é pechada e con pouco movemento de maniobra, onde se atopa rodeado dun colexo e un instituto ó seu carón. Desta maneira permanece inmóbil e con pouca capacidade de desenvolvemento no seu apretado espazo.

Para poder diminuir o consumo das enerxías convencionais é necesario proveerse doutras que suplan as súa necesidades.
Dende este punto de vista, analizamos a súa óptima ou non óptima posición respecto á reflección dos raios solare permitindo ó seu maior aproveitamento para evitar un consumo de electricidade excesivo que suba as facturas da mesma.
Se estás na farmacia de Ramón Ferreiro e observas o instituto de frente, o sol sae polo carón da porta pequena e desprázase de maneira que sobre as dúas do mediodía móvese cara a grande collendo certa desviación por detrás do edificio. Esta característica é un dos puntos fortes deste antigo edificio, posto que aproveita de forma óptima a iluminación natural do sol, debido a que pola mañá (horario habitual da maior parte das clases) o sol incide de forma directa sobre o contorno visible da fachada do instituto onde se atopan a maioría das aulas que contén o mesmo.

Agora imos en dirección aun novo concepto. É rentable e sotible o actual mecanismo de calefacción?? Pois dende unha opinión sincera carece de tal transcendencia. Os elementos da calefacción son antigos e presentan problemas de funcionamento de maneira repetida ó longo do ano. A esta antiguidade súmase o feito que en moitas ocasións a posta en funcionamento en determidadas épocas do ano non é rentable debido a que se mantén en días quentes no que non é necesario a súa posta en marcha e de forma oposta en épocas frías onde sí se necesita.
Pero, ademais débese puntualizar que quentar ou enfriar un edificio de tal magnitude convértese nun verdadeiro problema a esta escala.
O instituto, que contén 5 plantas, está costituído por altos teitos, grandes clases e corredores moi longos e desmesuradamente anchos, supoñendo un reto o mantemento dunha temperatura constante e agradable ós seus "habitantes". Un factor que se contrapón ó noso favor é a existencia de grosos muros de pedra que realizan unha función esencial para consideralo eficiente, pero deixarémolo para os últimos apartados onde afondamos nestas cuestións de forma científica, así que SEGUE LENDO!!!

Non hai moito que se recordan unhas fermosas vistas a través de antigas fiestras de madeira que comezaban a estragarse con facilidade e agunhas delas converténdose en verdadeiros buratos a través dos que pasaba unha cómoda ventilación pero con perigo de pasar moito frío ou demasiada calor. Vendo esta situación, decidiuse complementar a estrutura do edificio cunhas fiestras de nova síntese que constituían un dobre ventanal moito máis práctico e eficiente ó anterior.
Ben, podiamos seguir pero aínda queda moito por contar. A conclusión ata agora é a existencia dun edificio antigo con desvantaxes que o fan pobre en eficiencia enerxética pero con privilexios que axudan a levar a cabo un menor consumo das enerxías.

E agora toca o turno das solucións, acompañadas dun interesante catálogo de curiosidades e artigos relacionados coa eficiencia enerxética:



Estratexias para lograr eficiencia enerxética:

- illamento térmico (muros, teitos, ventás...), reducindo as perdas de calor por infiltración de aire en inverno.

- adecuada orientación do edificio.

- permitir a entrada do sol do inverno evitando a sombra doutros edificios.

- evitar a entrada do sol no verán deseñando proteccións solares fixas, móbiles ou naturais.

- utilizar sistemas de calefacción eficientes co seu correspondente etiquetado enerxético.

- aforro enerxético en auga quente.

- utilización dunha iluminación eficiente mediante o uso de bombillas de baixo consumo.

- duplicación do espesor do illamento térmico en azoteas.




RECURSOS PARA A EFICIENCIA ENERXÉTICA:

+ illamento térmico-interior da estrutura:cámaras de aire, paneis de xeso, madeira...

+ illamento térmico-exterior medianre revestimentos illantes de espumas poliuretánicas...

+ Para reducir as filtracións de aire: fiestras e portas dobres.

+ Para permitir a entrada do sol, mediante proteccións movibles, deseño de ventás a partir da inclinación do sol.



Todo isto o podemos relacionar co desenvolvemento destas medidas levadas a cabo polos diferentes Gobernos e Institucións. A partir dos anos 70, cando aconteceu a primeira gran crise do petróleo a nivel dos países máis desenvolvidos, estes estableceron un control de eficiencia enerxética, en particular en países como Suecia, Inglaterra ou Francia introducindo políticas activas para o aforro de enerxía en edificios. Outros países, entre eles España estableceron medidas de calidade térmica con estándares máis baixos.



Minimizando o uso de enerxías convencionais ou controlando o seu gasto, a tecnoloxía actual, sumada á utilización responsable da enerxía, permiten un moi considerable aforro permitindo mellorar a calidade de vida dos ocupantes do edificio e tamén unha maior rentabilidade ó reducir gastos.

Vexamos, logo, importantes aspectos en calquera edificio para chegar a acadar o nivel dun edificio eficiente e especialmente orientados ao noso instituto:

ORIENTACIÓN:

Cunha orientación ó sur no Hemisferio Norte, isto é hacia ó ecuador, cáptase unha maior radiación solar en inverno e menos en verán. Permite unha protección fácil da radiación solar á mediodía e o resto do día en exposición reducida.

EFECTO INVERNADOIRO:

+ As ventás protexidas mediante persianas, alongadas, en sentido vertical e situadas na cara interior do muro deixan entrar menos radiación solar no verán, evitando o efecto invernadoiro.

+ Citamos a anterior característica, xa que, polo contraio, e pensando de maneira obxectiva ó clima propio de Lugo (aínda que cada ano vólvese máis cálido) este efecto é beneficioso en lugares fríos e mornos, co uso de ventás grandes e situadas na cara exterior do muro.


ILLAMENTO TÉRMICO:

Os muros grosos retardan as variacións de temperatura, debido ó que se denomin Inercia térmica, que é a capacidade dun material para acumular e ceder calor, é dicir son elementos de captación solar indirecta.

Un bo illamento térmico evita, no inverno a perda de calor pola súa protección co exterior, e en verán a entrada de calor.

Os anteriores son termos coñecidos por nós ou polo menos temos oído falar deles, pero demos un pao máis e introduzamos un novo concepto.

ESTANQUEIDADE:

A estanqueidade das vivendas débese a infiltracións do aire e supón unha norma básica para o afooro enerxético durante o inverno, posto que o aire trae unha temperatura inferior que deberá ser elevada máis tarde polos sistemas de calefacción do edificio. Calcúlase que as perdas de calefacción por ventilación oscilan entre o 30-40%.

Porén, unha estanqueidade excesiva limita as renovacións de aire e prexudica a calidade ambiental do aire interior, acumulándose a cantidade de CO2 derivado da respiración humana, incremento da humidade interior, producindo condensación e a concentración de partículas.

INTEGRACIÓN DAS ENERXÍAS RENOVABLES:

Aínda que comentamos xa anteriormente a inexistencia de espazo arredor do instiruto que dera lugar aun xogo máis atractivo das súa capacidades estructurais, mediante a integración destas enerxías, cada vez máis frecuente en edificios de nova construcción, é posible que todo o consumo sexa de xeración propia e non contaminante, falando, neste caso de edificios 0 emisións.

As fontes máis empregadas son a solar fotovoltaica e a térmica.



O deseño do edificio supón incorporar solucións arquitectónicas adecuadas ó clima onde se levanta o edificio para conseguir reducir ó máximo as aportacións enerxéticas que supoñan consumo enerxético.



As fiestras atinxen un papel moi importante no funcionamento térmico dun edificio, sendo elementos de captación solar directa, de ventilación natural e de entrada de luz natural.
Por iso gustaríanos incluír un novo apartado centralizado nun dos aspectos que máis caracterizan un edificio eficiente tal e como citamos anteriormente.

AFORRRO EN CLIMAS FRÍOS E MORNOS POR VENTÁS EFICIENTES:

A media da perda da calor nun edificio a través das ventás é do 30%. Esta porcentaxe aumenta se os marcos das ventás non están debidamente illados.
As propiedades reais e científicamente probadas das ventás eficientes é a de que os seus cristais non adopatan temperaturas tan extremas (de frío e calor) como o vidro ordinario.
Pero... a fiestra ideal non sería aquela capaz de deixar entrar a calor en inverno e a rexeitara no verán?? ventana_chunga.jpgBen, pois tal imaxinación levouse a cabo pola empresa Eco-Logical innovations cunha ventá que posúe un cristal xiratorio que contén varias capas, incluíndo vidro branco e verde. Desta maneira, en verán, oriéntase cara ó exterior o vidro verde, que reduce nun 70% o ingreso de raios solares, e xirándoa, empregando o vidro branco cara fóra, deixa pasar a maior cantidade de raios solares posíbeis de maneira qu eutiliza toda a superficie da ventá para irradiar calor deica dentro.



Sería xenial que construtoras ordinarias comezaran a incluír este tipo de elementos, non credes??


E desta fantástica idea chegamos os datos reais que concluímos trala nosa investigación a fondo sobre os factores que interviñan no proceso de realización e finalización dos datos necesarios e complementarios para a conclusión final sobre a pegada ecolósica do instituto:

1.- FACTOR DE CONVERSIÓN:

1m2-------------------------- 520kg CO2.
Datos: Idade do edificio: 50 anos.
Ocupación do solo: 7000m2.

2.- OPERACIÓNS:
7000m2*520kg CO2/m2=3640000kgCO2
3640000kg/CO2/50 anos=72800kgCO2/ano
72800kgCO2/ano/910 persoas=80kgCO2/ano/persoa


E chegou o momento esperado, descobre os misterios dun edificio con auténtica historia.



placa.JPG

O edificio atópase no centro dunha das arterias principais da cidades, a avenida de Ramón Ferreiro, compartida con numerosos institutos e colexios da zona.
O antigo Instituto Nacional de Ensinanza Media de Lugo desdobrouse en 1941 en dous, un masculino, o actual Lucus Augusti que comparte patio co feminino, que é o nome popular co que coñecemos ó noso instituto debido á súa antiga utilización exclusiva por mulleres.

patio_1.JPGpatio_2.JPG


Esta división prodúcese polas ideas franquistas xurdidas durante a cruenta Guerra Civil entre 1936 e 1939 e implantadas formando parte do réxime ditatorial liderado polo ditador Francisco Franco, que durou ata a súa morte en 1975. E claro, como é de esperar dunha situación tan prexudicial como esta, os dereitos de expresión, liberdades de asociación e de reunión... estaban restrinxidos, supoñendo entre outras moitas cousas que se considerara indecente a educación compartida entre homes e mulleres.


clase_de_rapazas.jpgrapazas_cantando.jpgrapaza_cantando_e_guitarra.jpg

As obras do edificio apróbanse en Consello de Ministros do año 1944, efectuándose no curso 51-52 o primeiro libramento de 300000 pesetas para a súa construción.

rapaza_con_micro.jpgrapaces_cantando.jpgbelen.jpg

A comezos so curso 58-59 as obras están practicamente rematadas. Así o actual edificio é inaugurado neste curso nun acto presidido polo xeneral Franco. Nada máis recibir a primeira parte do mobiliario por un importe de 497000 pesetas, instálanse no novo edificio os cursos 3º, 4º, 5º, e 6º e Preuniversitario. Aínda fai pouco que todos recordamos os actos celebrados en comemoración dos 50 anos do instituto.


50_aniversario.JPGinstituto_porta_pequena.JPG


O nome que hoxe en día posúe o instituto provén do tamaño dos ollos que ten a propia escultura que a representa. Segundo un traballo inédito do Catedrático Xosé Luís Novo Cazón, estes grandes ollos da imaxe actual son a reprodución dos que tiña unha moza do Cebreiro afectada polo bocio, aumento desmedido da glándula tiroides, que lle serviron de modelo ó escultor anónimo que a labrou en granito no século XV.
anagramaIES[1].JPG
Creado no 2005 por Joaquín García Gesto
muiñerira_con_cordas.jpg
Curso 81-82: Día da muiñeira.


Coa chegada da democracia viñeron sopros de aire fresco. No ano 1984, o instituto comezou a incorporar rapaces nas súas aulas.
Actualmente conta con 780 alumnos dos catro anos de educación secundaria obrigatoria, dos dous anos de bacharelato e dos dous ciclos de educación física, que son `administrados´ polos catro representantes do equipo directivo e polos 78 profesores.
salon_de_actos.jpg
Salón de actos
guitarras.jpg
A maiores hai 14 que forman parte do persoal non docente entre administrativos, subalternos, coidadores, e persoal do servizo de limpeza. Sen embargo non sempre foi así, posto que en anos anteriores á implantación da actual LOXE o números de alumnos superaban os 1200.

grafica_301.jpg



khdfñklsd.jpg

lkilk.jpg

Ofrece unha ampla oferta educativa cos bacharelatos ciencias sociais e tecnolóxicas, humanidades e ciencias sociais e numerosos idiomas a estudar entre os que se atopan: alemán, francés, portugués, latín… sendo considerado un dos mellores posto que a porcentaxe de aprobados na selectividade supera o 97%.
Todo isto apoiado polas actividades extraescolares, orientadas ó deporte e á realización de obradoiros xunto coas viaxes de Estudo a destinos nacionais ou estranxeiros.

É de importancia sinalar a existencia dun comedor ó que asisten 81 alumnos e a posta en marcha dun transporte escolar que aproveitan 87 alumnos do centro. Non todos os alumnos do centro viven en Lugo cidade, unha boa cifra deles forman parte de vilas nos arrabaldes, sendo 37 alumnos provintes de Nadela, 45 de Portomarín e 27 de países estranxeiros.
Da mesma maneira son acollidos un gran número de estudantes que formaban parte de colexios da cidade pretos deste como poden ser: María Auxiliadora, Luís Pimentel… concretamente, este ano incorporáronse ó presente curso de 1º de BAC 95 estudantes procedentes doutros centros.


corredor_1.JPGpasillo.jpg

Pero, ademais esta institución pública loita por modernizarse. Foi no curso 2007-2008 cando se fixeron unhas importantes obras de rehabilitación que afectaron fundamentalmente á planta soto, totalmente renovada, contendo unha cafetería, e a planta baixo cuberta, que foi habilitada para os despachos dos departamentos. Con este afán, hai 81 ordenadores e unhas poucas clases que contan co privilexio de ter varios encerados electrónicos, de entre as 45 aulas que albergan as paredes do edificio. As mesmas que gardan máis de 15000 libros que poden ser consultados ou adquiridos na súa biblioteca.

clase1.JPGclase_2.JPG
clase_elegante.jpg