Gasto anual de auga
e lixo



Gómez Estanga, Santiago; Real Jiménez, Carlos;
López Varela, Diego


O noso traballo consistiu en observar os datos recollidos sobre o consumo da auga e lixo de maneira trimestral no instituto, é dicir, analizar parte da súa pegada ecolóxica. O procedemento baseouse na recollida inicial das facturas de auga e lixo do centro e o seu posterior estudo mediante gráficas e as súas correspondentes táboas.



Introdución:

O motivo principal da investigación científica foi o de coñecer o gasto de auga do instituto para poder comparalo con outros gastos e analizar se é necesario rebaixar ou non o consumo de H
2O. Outro motivo importante foi o de estudar as facturas da recollida de lixo.
Este é un traballo moi importante para o instituto posto que pode influír na forma de enfocar o consumo no centro.
A información que poseemos son facturas trimestrais do ano 2009 onde se reflexa o coste da auga empregada e da recollida do lixo.




Metodoloxía:
A base do noso traballo foi o emprego do método científico. O que estudamos foron as variables auga e recollida de lixo. Ambas variables son imprescindibles para a vida diaria e son dous valores moi importantes para a pegada ecolóxica. A auga porque é un recurso esgotable e totalmente necesario para os seres vivos, polo tanto é importante non malgastala.

O procedemento da recollida de datos consistiu en asistir á oficina da secretaria e solicitarlle as facturas de auga e lixo do ano 2009.



Resultados e discusión:

As nosas gráficas para expresar os resultado son as seguintes:



GRAFICAAAAAAAAAAAAAAAAAA.JPG
GRAFICA 1: Nesta gráfica indícanse os valores do consumo de auga expresado en metros cúbicos, como ben indica a propia gráfica. Como podemos observar os valores oscilan pouco entre os tres primeiros trimestres, mentres que se pode observar unha baixada considerable no cuarto trimestre anual.














EL CANON DE SANEAMIENTO:
Esta gráfica nos indícanos a variación do canon de saneamento.


GRAFICA2222222222222.JPGCal é o canon do Saneamento?
O Canon de Saneamento é un imposto ambiental e o seu obxectivo é mellorar o estado de conservación do Medio Ambiente da Comunidade galega. Isto afecta a súa recadación para financiar os custos de xestión e operación de instalacións de almacenaxe, tratamento e tratamento de sumidoiros en hospitais públicos e, se é o caso, as obras de construción destas instalacións.
O grava de Saneamento de produción de augas residuais Canon expresa a través do consumo de auga industrial e doméstico ea carga afecta tanto a rede de abastecemento como os seus propios.



























CÁLCULOS





Primeiro tivemos que calcular o consumo de m3 por ano: 155+132+151+72 = 510 m3 ao ano de media.


Despois pasamos este dato a litros:
510 x1000= 510000 dm3 <> 510000 L



E de maneira seguinte achamos a media de litros por persoa ao ano. As persoas do instituto son (808+87+15)= 910 persoas


E polo tanto a media é:
510000 : 910 = 560,44 litros por persoa por ano


E por último, hai que dividilo entre o número de días lectivos (180 días) para poder achar o dato final.
560,44 : 180 = 3,11 L por persoa ao dia




E OBTIDO ESTE DATO, FACEMOS O CÁLCULO FINAL PARA ACHAR OS kg CO2/m3



Teniendo en conta os datos relativos ao Ayuntamiento de Lugo do ano 2005 (1,42 KG CO2/M3)
3,11 x 1,42 = 4,4162 KG CO2/ m3















Conclusións:

1. O obxetivo primordial do traballo era o de estudar a pegada ecolóxica do noso centro. A partir do estudo das variables correspondentes, chegamos á conclusión de que éstas encóntranse nuns valores similares ao longo do ano exceptuando, obviamente, os meses correspondentes ao verán, no que só se utiliza a auga para facer certas limpezas de vez en cando, e se obtén unha menor cantidade de lixo porque hay menos actividade laboral no centro.

2. O que comprobamos e que os valores da variable “auga” oscilaron, sobre todo no cuarto trimestre, no cal o consumo chegou a baixar ós 72m3. Nos demais trimestres mantívose arredor dos 150 m3 (véxase nas gráficas), o que nos indica que debeu existir unha causa para que nese trimestre se producira unha redución importante do consumo de auga.




PROPOSTAS EFICIENTES

1- A primeira proposta está relacionada cas billas dos baños do centro son ineficientes dado que a auga está máis tempo correndo que o necesario polo tanto malgástase unha cantidade innecesaria de auga.

2- A segunda proposta está relacionada co gasto de auga no fregado do instituto. Sabendo que se utilizan arredoripsooooooooooooooooooooooon.JPG dos 50 litros diarios na tarefas de limpeza, a cal consideramos unha cantidade un tanto excesiva no día a día, polo tanto propoñemos unha solución ecolóxica: O uso dun purificador de auga portátil como o que se mostra na imaxe,composto por un filtro básico de baixo coste, lles permitirá reciclar a auga de maneira eficiente cada día e poder reutilizala.
http://www.youtube.com/watch?v=8vEMEDc8x48&feature=fvw





DIFICULTADES ATOPADAS

Relaciónanse coa escasez de datos que obtiñamos. Así, fíxosenos difícil a elaboración de gráficas e conclusións. Así mesmo, resultounos imposible a realización dunha hipótese posto que o obxetivo desta investigación non era a comprobación de ningunha hipótese, senón o análise dos datos dos que dispoñíamos inicialmente.






Referencias:

Non foi necesario consultar outro traballo para a nosa investigación, senón que o único que tivemos que analizar está recollido nas facturas que están incluídas no “Anexo” do traballo.