Os alumnos de 1ºC de BAC do I.E.S Nosa Señora dos Ollos Grandes estamos a realizar un innovador traballo que vos sorprenderá. Este proxecto consiste en calcular a pegada ecolóxica do noso centro. Somérxete e descóbreo!!!!!!!!!!!

A pegada ecolóxica é un indicador que nos permite coñecer aproximadamente o impacto da humanidade ou de partes dela sobre a natureza, expresándose en hectáreas por persoa. Este indicador é definido segundo os seus autores (William Rees e Mathis Wackernagel; 1996) como: “a área de territorio ecoloxicamente produtivo (cultivos, pastos, bosques ou ecosistemas acuáticos) necesaria para producir os recursos utilizados e para asimilar os residuos producidos por unha poboación determinada cun nivel de vida específico de forma indefinida, sexa onde sexa que se atope esta área”;é dicir o cálculo da pegada ecolóxica baséase na estimación da superficie necesaria para satisfacer os consumos asociados á alimentación, ás materias primas, ao gasto enerxético e á ocupación directa do terreo.
Unha vez elixida a comunidade que queremos estudar, neste caso o noso propio instituto, tratamos de coñecer a superficie de bosque de Galicia necesaria para absorber as emisións de CO
2 asociados ao consumo eléctrico, combustibles fósiles, papel, mobilidade de persoas, e construción do edificio. Sumando todas as superficies (en ha) e dividindo entre o número de habitantes da área estudada, no noso caso entre estudantes e outros compoñentes do instituto, obteremos a pegada ecolóxica per cápita.

Unha vez coñecido o dato da pegada ecolóxica, é fundamental saber se a comunidade estudada é sostible. Para iso, necesitamos coñecer a súa capacidade ecolóxica, que ven determinada pola superficie real da que dispón a parte da humanidade estudada. Isto é, a superficie en hectáreas de terreo capaz de producir recursos e asimilar residuos nesa zona, de maneira que a totalidade desa superficie dividida entre o número de habitantes, é a capacidade ecolóxica dese territorio estudado e exprésase tamén en hectáreas por habitante e esta é a súa unidade para permitir comparala cos datos obtidos trala realización do proxecto que nos dará a cifra á que ascende a pegada ecolóxica.
Cando a pegada ecolóxica é maior que a capacidade ecolóxica dunha zona, temos un déficit ecolóxico, o que significa que estamos consumindo máis do que podemos producir e absorber nesta zona. Se a pegada ecolóxica total do planeta supera a capacidade ecolóxica total, diminúe o capital natural. Isto denomínase “sobrecarga” ou déficit ecolóxico mundial.
Como conclusión ao noso traballo, teremos que saber se a nosa capacidade ecolóxica é maior que a nosa pegada ecolóxica ou ao revés, sabendo se estamos a realizar ou non un desenvolvemento sostible de cara a xeracións futuras. Pero antes debemos coñecer as circunstancias do entorno no que se desenvolve o IES a Nosa Señora dos Ollos Grandes e as posibilidades que este ofrece.




BENVIDOS A UNHA VENTÁ ABERTA A LUGO:

ASÓMATE!!!!!!!!


HISTORIA:
Lugo é a cidade máis antiga de Galicia, formando parte dunha das tres capitais administrativas de Gallaecia e fundada arredor do 25 a.C. como produto da política expansiva levada a cabo na época de Augusto co fin de anexionar ó Imperio Romano no noroeste. No ano 12 a.C., coa cidade convertida nun asentamento civil, Paulo Fabio Máximo, familiar de César Augusto bautizouna no seu honor como Lucus Augusti. Lucus significa `bosque sagrado´, aínda que este termo faría referencia a un anterior Lugh, relacionado cun deus grego da luz. Entre os anos 260 e 325 a cidade rodéase dunha muralla, que se conserva de forma íntegra. A noite de Pascua do ano 460 ten lugar un violento episodio no que os suevos conseguen facerse co poder da cidade, xogando un importante papel como centro relixioso baixo o seu dominio; aínda que, 125 anos máis tarde pasaría ás mans do dominio visigodo. Dous séculos despois, a cidade foi asaltada e tomada polas tropas musulmás encabezadas por Muza, aínda que por pouco, porque foi reconquistada polo monarca asturiano Afonso I, quen encargou ao bispo Odoario a súa repoboación.En séculos posteriores a axitación medieval continúa onde a cidade sufrirá novos ataques árabes, intentos independentistas contra a monarquía asturiana e así como loitas comunais contra o poder eclesiástico. os_dous_tipos.JPG
Durante a Alta Idade Media, a cidade estaba ocupada practicamente só polo clero. No ano 842, un grande exército galego reuniuse na cidade para conquistar Oviedo e levar ao trono a Ramiro I, o primeiro rei da dinastía galega. En 1129 comezou a construción da catedral románica, deseñada polo mestre Raimundo de Monforte e dedicada á Virxe dos Ollos Grandes.
Durante a Idade Media, Lugo foi un centro de peregrinación xa que a catedral contaba xa con prestixio. Foi no 1745 cando se lle foi concedido a Lugo o privilexio de organizar as festas de San Froilán.
Así, durante a Idade Moderna, Lugo foi protagonista de certo auxe, disputándoo coas cidades próximas de Monforte e Mondoñedo. Non foi até a división do estado en provincias de 1833 e a creación das deputacións, que Lugo se converte na cidade máis importante da provincia de Lugo, supoñendo un auxe continuo de poboación e extensión no tempo, sendo reforzado coa chegada do primeiro ferrocarril á cidade en 1875. Isto unido ás nomeadas feiras de San Froilán fixeron que esta cidade se convertera no principal centro de comercio de gando vacún da península. Durante esta época , o 2 de abril de 1846, co pronunciamento do coronel Miguel de Solís, en Lugo comeza a chamada Revolución Galega (provincialismo) que remataría cos fusilamento de Carral.
En 1936 durante a Guerra Civil foron asasinados un gran número de republicanos e intelectuais da nosa cidade e en 1972 prodúxose o que significou a maior remodelación do aspecto da cidade dente tempos romanos: procedeuse á demolición dos 130 edificios e 1429 alpendres que estaban encostados á muralla polo exterior.

XEOGRAFÍA E DEMOGRAFÍA:
Atópase nun outeiro rodeado polos ríos Miño e Rato, que conteñen unha gran variedade de fauna e flora autóctona. A diferenza de altitude pola súa condición ergueita sobre un outeiro é considerable. ( 465 m sobre o nivel do mar, a cidade; e 364 a dos paseos fluviais).O seu concello é o segundo máis extenso e conta con 59 parroquias.
O entorno foi declarado como Reserva da Biosfera pola UNESCO no amo 2007, supoñendo un recoñecemento en canto á conservación das paisaxes atlánticas.

A provincia de Lugo, en conxunto, conta con 357.625 habitantes nunha superficie de 9.856 km², o que significa unha densidade de poboación de 36,29 habitantes por km², converténdose na provincia con máis extensión pero menos poboada de Galicia.
A capital ten 95.851 habitantes nunha superficie de 332 km², supoñendo unha densidade do 291,3 e conta con 48.8462 vivendas ( dato da Concellería de Facenda)


DATOS DA POBOACIÓN DE LUGO poboación.jpg
*Cifras oficiais da Concellería de Economía e Facenda.



NACEMENTOS E DEFUNCIÓNS
Nacementos_e_defuncións.jpg
​*Datos do INE ( taxa media dos meses de cada ano)



ECONOMÍA:
É unha cidade de servizos. As principais actividades son as comerciais, a administración e servizos sanitarios e educativos. A industria é escasa e dedícase á transformación de produtos agrícolas ( lácteas, cárnicas, madeira, mármol…). A reducida presenza de industrias,a ausencia de grandes empresas e un reducido aumento da capacidade económica fai que Lugo sexa unha das cidades menos desenvolvidas da comunidade autónoma.
Porén, é destacable o campus universitario de Ciencias Agrarias, converténdose nunha desas urbes universitarias máis importantes por detrás da de Santiago.




traballos.jpg
​*Cifras oficiais do INE 2008-2009





​ACTIVOS POR SECTOR ECONÓMICO

activos.jpg

​Datos do INE: miles de persoas


MURALLA DE LUGO:
É o principal monumento da cidade, constituíndo a única muralla romana do mundo que conserva todo o seu perímetro orixinal, de aí que fora irmandada dende o día 6 de outubro de 2007 coa Gran Muralla Chinesa de Qinhuangdao.
muralla.JPG
Trátase dunha construción romana de finais do século III, que rodeaba por completo Lucus Augusti, levantada como un verdadeiro complexo defensivo a causa da ameaza que supoñían os bárbaros a Roma. Xogou un papel de elevada importancia nas comunicacións, relacións comerciais, organización administrativa e crecemento da cidade en tempos modernos, posto que dende o século XVI concédense os ocos entre os cubos para a construción de vivendas, iniciándose o crecemento urbano fóra da Muralla.A partires de 1953 o Concello iniciou unha política de eliminación de edificios pegados á muralla e 20 anos despois apróbase un presuposto para a eliminación de vexetación e coidados sobre a mesma.

muralla_de_lugo.jpg
1)
O conxunto abrangue 34,4 ha.
2) Perímetro: 2117m.
3) Altura oscila entre 8 e 12 metros.
4) Accesos: 10 portas ( 5 antigas e outras tantas de recente tempo)
(i) 4 escadas
(ii) 1 rampa
5) Foso: de 4 m de profundidade.
6) Intervallum: espazo entre a muralla e a primeira liña de edificacións urbanas, que constituiría a última defensa.
7) Materiais: laxas de lousa e bloques de granito.
8) Torres: 46 antigas cortadas e 39 máis.
DSCN0555.JPG
É curioso sinalar que un dos alcaldes de Lugo emitiu a orde de derrubar a Muralla e enviar as toneladas de pedra para a finalización do porto de Vigo. As numerosas persoas que saíron en defensa da Muralla e sobre todo os elevados custos de transporte impediron levalo cabo.
QUEN SE IMAXINARÍA A MURALLA BAIXO O MAR???
Son tamén edificios e lugares de interese turístico e histórico:

v As termas romanas de Lugo.
v A catedral: románica, con planta de cruz latina.
v A ponte romana.
v Santa María de Bóveda: santuario tardo-romano que conserva pinturas murais únicas no mundo.


catedral_puerta.jpg
Catedral (vista frontal)
catedral_frente.jpg
Catedral
catedral_torre.jpg
Catedral



















TURISMO EN LUGO
turismo.jpg
Datos oficiais do INE correspondentes aos meses de setembro de cada ano

FESTAS E GASTRONOMÍA:
Contén unha rica gastronomía propia na que destaca o polbo á feira, o caldo galego, a empanada, as troitas, as orellas, os chourizos…

trucha.jpgpulpo[1].jpg
O patrón de Lugo é San Froilán, mesmo nome co que se coñece a festa que se celebra en outubro e que reúne a miles de visitantes. Dentes tempos pasados, arredor deste día e ata o denominado Domingo das Mozas celébranse verbenas, actuacións teatrais, concertos e feiras de artesanía sen pasar por alto as barracas situadas nas costas do Parque Outro festexo que ns últimos años cobrou importancia, converténdose na oitava festa máis popular de España vía Internet é o Arde Lucus no que se recrea a vida da cidade durante a época romana.


san_froilan.jpgarde-lucus[1].jpg

MÚSICA:
Sempre contamos cun papel especial no desenvolvemento da música tradicional galega, con músicos como: Xoán Montes ou Gustavo Freire; e grupos tan coñecidos como María Castaña. Nos anos 60 aparece o folk, que combina a modernidade e os métodos tradicionais, con representantes como: Fuxan os ventos.
Na actualidade, dentro do noso centro atópase a banda Zinc So e o guitarrista de Smiling Drops.

DEPORTES:
Cun importante incremento na última metade dos anoa 90, o fútbol sala transformouse nun dos deportes máis populares da cidade grazas á actuación do Azkar Lugo, que xoga na división de Honor.
O Club Baloncesto Breogán é un dos clubes históricos do baloncesto nacional, estando varios anos na máxima categoría. Mención especial ao clube de tríatlon Cidade de Lugo-Fluvial aos pilotos de rally Sergio Vallejo e Pedro Burgo.
Breogan%20Grande[1].gif


CLIMA:
É oceánico continental con invernos fríos e veráns suaves. A temperatura media anual é de 12º e as precipitacións abundantes, supoñendo máis de 1000 litros ó ano.

lluvia[1].jpg



precipitacións.jpg

Datos de media do Observatorio de Lugo (1971-2000)



temperaturas.jpg

Datos de media do Observatorio de Lugo (1971-2000)

Coñecer o clima de Lugo cobra importancia porque é un indicador que nos permite coñecer ou ó menos intuír as especies presentes no seu medio ambiente. Debemos recordar que o obxectivo era calcular a superficie de masa forestal necesaria para `almacenar´ o CO2 emitido e esta cifra depende da capacidade que ten cada especie de árbore para a súa absorción.

MASA FORESTAL, CULTIVOS, GANDO…
Lugo posúe o 33% da superficie arbórea de toda Galiza, que representa máis masa forestal que toda a do Principado de Asturias e é igual á existente na Comunidade Foral de Navarra.
Os seguintes datos son os últimos calculados e cedidos pola Concellería de Agricultura. Os mesmos serán renovados en cuestión duns meses.


animais.jpg


BOVINOS.jpg
aves_tfiyjft.jpg



Lugo ten 54028 explotaciones que ocupanEXPLOTACIÓNS.jpg e supoñen 1038187 parcelas.

la.jpg
​*Datos en Ha


2676909313_f5751fea29[1].jpg






ESPECIES ARBÓREAS FORESTALES
ar.jpg



FRONDOSAS: bidueira, carballo, castiñeiro, cerdeira...
RESINOSOS: pinos...


OUTRAS SUPERFICIES DE CULTIVO:

  • Cereales: 11443 Ha
  • Leguminosas: 232 Ha
  • Xirasol: 11 Ha
  • Forraxeiro: 81921 Ha
  • Maiz: 6557 Ha
  • Hortalizas: 2078 Ha
  • Flores e plantas ornamentais: 41 Ha
  • Naranxo: 2 Ha
  • Limonero: 1 Ha
  • Manzano: 615 Ha
  • Peral: 81 Ha
  • Nogal: 113 Ha
  • Olivar: Ha
  • Viñedo: 1815 Ha